Caballero eloxiou o Festiclown por levar "a solidariedade polo mundo desde Galicia e desde Vigo"

xoves, 22 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, fixeron este xoves balance do Festiclown 2011 que celebrouse na cidade por cuarto ano consecutivo, consolidándose "entre os máis importantes de España". Esta edición colleitou éxitos de público nas actuacións de Leo Bassi e Yllana. O Festiclown posibilitou a "primeira gran intervención cultural en Palestina", en verbas dos propios organizadores.

Aberta a matrícula para cursos de adultos no MARCO

luns, 19 set 2011

Dende o martes 13 de setembro, está aberto o prazo de matrícula para os cursos de adultos, que terán lugar no MARCO nesta nova tempada 2011-2012, destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.Os cursos que se desenvolverán son ‘Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea’ e ‘Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días’.

Contacontos na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas

venres, 16 set 2011

Na volta do verán a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas (Avenida Martínez Garrido,21) retoma as actividades para o público infantil e familias. Así o Bardo Abelardo ofrecerá na zona infantil da biblioteca unha sesión de contacontos o venres 16 ás 18,00 horas, que continuará ao día seguinte polo paseo do Calvario (fronte ao mercado) ás 12.00 horas, percorrendo a rúa coa súa ciclobiblioteca e animando a sesión con contos e a música do seu acordeón.

Pintando a Biblioteca

venres, 16 set 2011

A partir do luns 19 de setembro o ilustrador Federico Fernández realizará un mural deseñado para a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas. A actividades está prevista que dure 2 ou 3 días en función do avance do traballo en horario de tarde da biblioteca ( de 17.00 a 20.30 horas).

A Escola Municipal de Danza e Percusión abre a o prazo de matrícula

mércores, 14 set 2011

A Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional abre o prazo de matricula do 15 ao 30 de setembro. A escola oferta ensinanzas de danza da tradición galega para afeccionados sen límite de idade. As solicitudes poderán presentarse nas dependencias da escola , no soto primeiro da Casa do Concello en horario de luns a venres de 9 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.

Últimos días para visitar a exposición "Cartografía do presente" na Fundación Laxeiro

mércores, 14 set 2011

O vindeiro domingo, 18 de setembro clausúrase a exposición titulada Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro que se inaugurou o pasado dez de xuño e que foi visitada por 3.785 persoas ata a data. A exposición mostra por primeira vez a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, construida nos once anos de actividade da institución, mediante aportación de obras de artistas que colaboraron nalgún proxecto expostivo.

O museo Verbum prorroga ata finais de outubro a exposición "Vilagrafías. Fotos e textos sobre as vilas de Galicia" de Anxo Cabada

venres, 9 set 2011

A boa aceptación da exposición Vilagrafías por parte dos usuarios, o museo Vervum prorrogamos dita exposición ata o vindeiro domingo día 30 de outubro. Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas.Trátase dun traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.Os horarios de apertura ao público e de 10 a 14 e de 17 a 21 horas (ata o 15 de setembro) e de 10 a 19 horas ininterrumpido (a partir do 16 de setembro).

Abelairas informou que xa vendéronse 1.500 entradas para o concerto de Los Planetas en Vigo

venres, 12 ago 2011

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este venres o concerto que ofrecerá Los Planetas no Parque de Castrelos, mañá sábado ás 22:30 horas, teloneados polos vigueses Munich. O ritmo de venda de entradas "vai ben", a cinco euros, cunhas 1.500 despachadas sobre un aforo próximo ás 4.000 localidades. A banda granadina conxugará os últimos traballos cos seus temas clásicos, baixo 100.000 watios de son.