Danza, poesía, vídeo e música no Verbum

martes, 9 ago 2011

O mércores 10 de agosto haberá unha nova sesión do ciclo Mércores no Solpor na azotea do museo Verbum dedicado á danza, poesía, vídeo e música. A actuación será ás 20.30 horas con entrada gratuíta ata completar aforamento( 220 persoas).

Ciclo "Mércores de Solpor" no Verbum

martes, 2 ago 2011

Un ano máis celébrase na azotea do Museo Verbum os "Mércores de Solpor". Esta 6ª edición volve a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas como a música, a poesía, a danza, o cabaré… onde experimentar e crear actuacións irrepetibles. Todas as actuacións comezarán as 20:30 horas con entrada gratuíta.

O alcalde anuncia a presenza de Los Planetas en Castrelos, dentro dunha Semana Grande "notable e austera"

martes, 2 ago 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron este martes o programa festivo da Semana Grande de Vigo, do 6 ao 16 de agosto. O pregón -que inclúe sorpresas- correrá a cargo de Manuel Manquiña, Tony Lomba e Troula Animación, e o concerto de Los Planetas en Castrelos -sábado 13 de agosto por 5 euros- sobresae no panorama musical. Caballero salientou o aforro de 600.000 euros nunha programación con actos para todos os públicos.

Abelairas presentou o concerto da Coral Casablanca, un percorrido pola música galega, o pop e o cine

xoves, 28 xul 2011

A concelleira de Cultura e Festas presentou este xoves o concerto que ofrecerá de balde a Coral Casablanca mañá venres ás 23 horas no parque de Castrelos, unha cita festiva que tornarase nun percorrido pola música galega, algunhas das bandas sonoras máis memorables do cine e éxitos do pop. Isaura Abelairas subliñou a "categoría" desta formación, declarada de interese galego e cultural, e invitou á cidadanía a presenciala.

A corporación esixe á Deputación de Pontevedra as achegas que lle debe ao Marco

martes, 26 xul 2011

Socialistas e nacionalistas decidiron hoxe martes esixirlle á Deputación de Pontevedra que pague as achegas que lle debe ao Marco, tal e como comprometeu nun Convenio asinado entre a institución provincial e o museo no pasado ano 2009. A concelleira socialista, Isaura Abelairas, recordou que a institución provincial ten pendentes as partidas de 2009, 2010 e 2011.

Abelairas presentou o Festiclown 2011, no que participarán talentos como Leo Bassi e Illana

venres, 22 xul 2011

A edición deste 2011 do tradicional Festiclown, dentro das Festas de Verán, terá lugar do 26 ao 31 de xullo, e este ano destaca o carácter "solidario". A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, apuntou que a recadación "íntegra" do Festiclown, sugrado polo Concello, irá para a proposta lúdica "Risas que cambian o mundo", para os máis pequenos de Palestina. Abelairas asegurou que "a solidariedade do pobo de Vigo vaise notar".

Sábados de lectura na Biblioteca Xosé Neira Vilas

venres, 8 xul 2011

Ata o 16 e xullo todos os sábados celebrase na Biblioteca Xosé Neira Vilas "Os sabadiños", unhas divertidas xornadas de animación á lectura onde se desenvolven diversas actividades encamiñadas en fomentar nos nenos/as o gusto polos libros. Todas as sesións comezarán cun contacontos, seguido dun obradoiro relacionado coa lectura de cada día.