Escoitar

Presentación da película documental "16ª Bienal de Cerveira"

Este mércores 23 de maio, ás 19,00 horas, terá lugar na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) a presentación da película documental de 50 minutos "16ª Bienal de Cerveira", a cargo da Fundación Bienal de Cerveira e coa colaboración do Concello de Vigo.

martes, 22 mai 2012
1337681526bienalcerveira.jpg
Presentación do documental da 16 ª Bienal de Cerveira, que completa un resumo das actividades e exposicións da Bienal máis antiga de Portugal, que tivo lugar do 16 de xullo a 17 de setembro de 2011 en Vila Nova de Cerveira, Porto (Palacete Viscondes de Balsemão) e Vigo (Casa das Artes) e contabilizou máis de 100 mil visitantes.

Programa:
- 19h00, José Manuel Vaz Carpinteira, Presidente do Consello de Administración da Fundación Bienal de Cerveira e Patrick Esteves, realizador
- 19h15. Visualización do documental "16.ª Bienal de Cerveira"

Evento aberto ao público
Descargar todas as imaxes

Máis información