Nova charla do ciclo "Historia das mulleres en Galicia"
Ofelia Rey Castelao, catedrática na Universidade de Santiago de Compostela, será a relatora da charla sobre a Idade Moderna do ciclo "Historia das Mulleres en Galicia" que programa a concellería de Igualdade. A charla será o martes 22 de maio ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
No libro sobre a "Idade Moderna" dáse unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas.
Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector.
Descargar todas as imaxes