Escoitar

Caballero destaca diante dos rapaces do C.C. Coruxo a "dificultade" das probas de BTT que organiza a fin de semana o club

Esta fin de semana, o Club Ciclista Coruxo organiza dúas probas de bicicleta de montaña que moverán a uns 350 corredores. Dende 2010, o C.C. Coruxo monta o Mini-BTT Montes de Coruxo, en Fragoselo, e nesta edición incorpórase como novidade unha cronoescalada.<br />

venres, 18 mai 2012
1337353458ciclismo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación dos e das ciclistas do C.C. Coruxo, encabezada polo seu presidente, Ángel Álvarez. A nenos e nenas do club destacoulles Caballero "a dificultade do ciclismo de montaña e o compoñente ambiental destas probas", nun dos pulmóns dos que Vigo goza.

O rexedor animou a estes novos valores da canteira do Coruxo a que "sigan participando e practicando deporte" nunha modalidade que, ademais, é moi vistosa para o público.

Este sábado dispútase a crono-escalada, que é a primeira vez que se fai en Vigo e que "vai ser un espectáculo a todos os niveis", sinalou o presidente do club. E é que virán ciclistas de toda Galicia e do norte de Portugal, calculándose unha participación duns 150, que partirán ás 16:30 horas de Roteas para chegar a Fragoselo tras subir 2,68 quilómetros. Esta proba de BTT é para sete categorías, masculinas e femininas: cadete, junior, elite, sub 23, máster 30, máster 40 e máster 50.

O domingo (11:00) celébrase o III Trofeo Mini-BTT Montes de Coruxo, para nenos e nenas dende principiantes a infantís. Na proba de Vigo, segunda do calendario autonómico, espéranse uns 200 corredores. Serán dúas mangas por categoría.
Descargar todas as imaxes