Escoitar

O alcalde destaca que Vigo organiza o primeiro festival de cine galego en Galicia

Abel Caballero presentou hoxe mércores o festival Primavera do Cine en Vigo, "un gran evento cutural para a cidade" que se celebrará entre o 30 de maio e o 2 de xuño. Trátase, segundo a coordinadora, Ana Laura Pereira, do primeiro certame de cine galego en Galicia. <br />

mércores, 16 mai 2012
1337174322cine.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou, acompañado pola concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, hoxe mércores o festival Primavera do Cine en Vigo, "un gran evento cultural para a cidade" que se organizará entre o 30 de maio e o 2 de xuño no Auditorio municipal e no Salón de Actos do Marco. O Concello, unha vez máis, aposta polo audiovisual galego, apoiando o primeiro certame de cine galego en Galicia.

Os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría. Segundo explicou a coordinadora do fetival, Ana Laura Pereira, no concurso participaron no concurso as obras audivisuais feitas en Galicia ou por galegos desde comezos no noso audiovisual. Tamén optan ao concurso obras de estranxeiros feitas na nosa terra.


Programa
As máis de 130 obras presentadas a este festival dan boa conta da receptividade entre os creadores audioviovisuais galegos. Segundo Ana Laura Pereira, "o proceso de selección foi árduo e doloroso para o equipo do Festival dada a gran cantidade de obras presentadas e, sobre todo, a calidade das mesmas, quedando fóra de concurso moitas obras de gran mérito, moi ao noso pesar".

En referencia ao proceso de selección, Ana Laura destacou o traballo e a profesionalidade do equipo do Festival "traballouse cun baremo no que se puntuaron tanto a calidade técnica das obras coma os contidos, a orixinalidade expresiva e o respecto aos valores".

Alfonso Castaño, membro do comité de programación, presentou a lista de obras seleccionadas nas diferentes categorías. Participarán 7 longametraxes tanto ficcións coma documentais que se proxectarán no auditorio do Concello de Vigo. Así mesmo, foron seleccionadas 15 curtametraxes que se proxectarán no auditorio do MARCO o primeiro día e que se poderan ver tamén no auditorio do Concello. Tamén foron seleccionados 19 videoclips que se proxectarán no local La Fiesta de los Maniquies (rúa Rogelio Abalde, 11) en horario nocturno.

O Festival dará comezo cunha gala inaugural no auditorio do Concello de Vigo o mércores día 30 de maio, intre no que poderemos disfrutar desta bacanal de bó cine galego. Cada un dos días de proxeccións terá lugar unha festa no céntrico local "La Fiesta de los Maniquíes" para pechar a xornada.

O sábado 2 de xuño terá lugar a gala de entrega de premios en cada unha das categorías precedida dunha proxección sorpresa. Nesta edición o xurado que premiará as películas será popular " os espectadores poderán aportar o seu veredicto sobre as películas cun método de votación por entrada, converténdose deste xeito en protagonistas da celebración" comentou a Coordinadora do Festival.

Como colofón, o Festival Primavera do Cine ten preparado unha festa concerto con artistas convidados para a noite do sábado na sala Mondo (Joaquín Lóriga, 3)

Paralelamente e dentro do marco do Festival Primavera do Cine realizaranse dúas actividades complementarias as V Xornadas do Audiovisual Galego organizadas polo IES Audiovisual de Bouzas e a Mostra de Cine Xuvenil organizada pola Asociación Xuvenil Musiquina 33mg.

David Esperón, coordinador da Mostra de Cine Xuvenil presentou as 8 producións realizadas por alumnos de diferentes IES de toda Galicia que se proxectarán o 25 de maio no auditorio do Centro Civico de Teis. David salientou a importancia de "promover o gran traballo que alumnos e profesores están levando a cabo en multitude de obradoiros de audiovisual". A Mostra que se realizará en horario de mañán estará dinamizada polo artista de hip hop Pániko en las Calles e contará coa presenza de Ana Laura Pereira impartindo un pequeno curso sobre a linguaxe audiovisual como instrumento transformador da realidade.
Descargar todas as imaxes