O Concello pon en marcha a XV edición da Día do Patín
Como cada ano, esta festa da patinaxe artística reunirá mañá xoves a unha das escolas deportivas municipais máis numerosa e a clubs, entidades deportivas e centros de ensino que imparten esta modalidade. É a actividade máis importante que o Instituto Municipal dos Deportes organiza de forma directa no que vai de ano e disporá de 40 monitores para o control da proba.
O Día do Patín regresa coa décimo quinta edición dun gran evento. De feito, a cita deste xoves contará cuns 2.000 pares de patíns de Vigo e da súa área de influenza repartidos en 109 grupos de exhibición para 959 patinadores/as na xornada matinal (para os máis cativos e cativas e para colexios) que comeza ás 9:30 horas e que se clausurará ás 13:45 horas, e 993 polo serán, co inicio ás 16:00 e peche ás 20:30.
O evento durará toda a xornada festiva e certamente encherá as bancadas do Central de pais, nais, siareir@s e afeccionados e afeccionadas á patinaxe, xa que se espera que polo recinto pasen unhas 5.000 persoas.
Hai inscritos un total de 39 centros de ensino de Vigo, Redondela, Porriño, Mos, Gondomar, Soutomaior, Ponteareas, Salceda de Caselas e A Estrada, ademais dun club portugués, o Clube Nataçao e Cultura, de Paredes de Coura (Portugal). En total, unhas 50 entidades deportivas participan neste evento referente da patinaxe provincial, incluídos oito clubs.