Escoitar

Caballero avanza que a cidade rende tributo a Paz Andrade "desde a óptica do seu galeguismo a través de Vigo"

Vigo acolle mañá os actos centrais do día das Letras Galegas cun acto homenaxe no que se descubrirá unha placa na rúa Policarpo Sanz, onde Valentín Paz Andrade tivo o seu despacho. Esta iniciativa compleméntase con variadas actividades desenvolvidas desde o Concello conmomorando esta festividade, entre as que destacou a entrega de 300 biografías do homenaxeado nos centros de ensino da cidade, unha aportación que hoxe mesmo protagonizou o alcalde no Ceip Josefa Alonso. <br />

mércores, 16 mai 2012
1337182462matama.JPG
O alcalde de Vigo lembrou hoxe mércores que esta cidade será anfitriona dos actos centrais do día das Letras Galegas, unha conmemoración na que o Concello de Vigo ten previsto descubrir unha placa na rúa Policarpo Sanz -onde Valentín Paz Andrade tivo o seu despacho-, nun acto que contará coa actuación de Son de Seu. Ademais, mañá publicarase un bando escrito pola prestixiosa filóloga e catedrática na Universidade de Vigo, Camiño Noia. Caballero fixo este relatoriu no Ceip Josefa Alonso, durante outro dos actos organizados polo Concello nesta festividade: a entrega de 300 biografías do homenaxeado en todos os centros públicos e concertados de Vigo para enriquecer a súa figura.

En palabras do alcalde, esta cidade "rende tributo a Paz Andrade desde a óptica do seu galeguismo a través de Vigo", ao tempo que destacou o seu "manifesto apoio" xa durante a República, e moito despois ao Estatuto definitivo. "Concebía unha Galicia liderada por Vigo, unha Galicia moderna, industrial", destacou o rexedor.

Segundo apuntou o rexedor, distintos departamentos municipais, como Educación ou Normalización Lingüística, organizaron actividades con motivo esta conmemoración: actuacións ao aire libre das escolas municipais de teatro e música, conferencias en centros de ensino, programación de largometraxes, actividades de dinamización para nenos e adultos ou obradorios de escritura creativa.

Descargar todas as imaxes