O alcalde reuníuse cos vigueses que representarán a España na Eurocopa de fútbol 7
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres ao equipo do Telmo Peluqueros, que representará a España na Eurocopa de fútbol 7 que se disputará nas localidades de Kleinarl e Wagrain (Salzburgo, Austria) e na helvética Gspon, do 24 ao 27 deste mes de maio.<br />
Este equipo leva cinco tempadas participando na Galicia F7 Cup, un torneo organizado por Gure Sport, e en todos elas proclamouse campión (salvo esta tempada 2011/12), polo que se clasificou posteriormente para o Nacional da modalidade, co resto de campións das competicións organizadas pola empresa de eventos en todo o territorio español.
O Telmo Peluqueros foi podio en 2010 (terceiro en Salou) e campión en Getxo 2011. Por ese título ten agora a praza para a Eurocopa, campionato que se disputa cada catro anos, co apoio de UEFA e FIFA.
O equipo que dirixe Telmo Rodríguez quedou encadrado na primeira fase cos representantes de Italia (Selezione Italia Piedemulera), Ucraína (FC Obolon) e os anfitrións de Austria (FC Kleinarl).
No grupo B participan Suíza, Holanda, Dinamarca e Chequia e no C, Polonia, Alemaña, Francia e Suecia.
O equipo vigués viaxe en dúas quendas, luns e martes, por cuestións laborais. O venres debuta ante o rival ucraíno (9:00) e horas despois mídese a Austria (16:30); o sábado, xogará contra Italia (9:00). A cuartos van os dous mellores de cada grupo e o mellor terceiro.
Descargar todas as imaxes