O goberno local programa no mes de maio varias visitas medioambientais ás Illas Cíes
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno Local do proxecto de rutas medioambientas no Parque Nacional, con catro actividades ao longo do presente mes que sumarán uns 600 participantes, dúas máis de voluntariado ambiental cunha participación similar e doutras dúas visitas guiadas ás Illas.
As dúas saídas de voluntariado ambiental de maio suman unhas 300 persoas en cada xornada e terán lugar este fin de semana e o próximo, para pechar o mes. As visitas guiadas ao Parque Nacional están previstas para os domingos 20 e 27 de maio.
Abel Caballero quixo facer especial fincapé no voluntariado ambiental que coordina o Concello de Vigo, "sen dúbida o máis importante das cidades de Galicia", que move activamente a máis de mil persoas. Aquelas persoas que queiran participar deste movemento recibirán un curso de formación previo para dotalos de coñecementos impartidos por profesionais.
Descargar todas as imaxes