Escoitar

O Concello investirá o curso que vén 2.125.000 euros en máis de 5.000 bolsas de ensino

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, destacou hoxe luns o "relevante" esforzo que está a facer o Concello na política de bolsas de ensino. O curso que vén o Goberno municipal outorgará 5.281 bolsas por un valor de 2.125.000 euros.

luns, 21 mai 2012
1337602144Imagen005.jpg
O Goberno municipal está a facer un "relevante" esforzo en materia social e educativa cun investimento de 2.125.000 euros para o curso 2012-2013, que nos permitirá entregar 5.281 bolsas. Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, deste total, 4.310 serán de comedor, cun valor de 1.210.000 euros; e 571 serán destiñadas a libros, cun investimento de 40.000 euros. Ademais, hai que sumar outras 400 axudas de inglés, cunha partida de 875.000 euros.

Estas cifras, en verbas do alcalde, sitúan Vigo como o concello galego que máis bolsas outorga, "estamos á cabeza de bolsas de todo España, seguramente somos o que máis axudas concede tendo en conta os habitantes", subliñou, ao tempo que recordou que estamos nun momento "no que hai que poñer enriba da mesa os esforzos que se fan en materia educativa"
Descargar todas as imaxes