Escoitar
Anuncio

Normalización Lingüística organiza actividades de dinamización para persoas adultas

O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza para os próximos días actividades de dinamización para persoas adultas sobre comunicarse en público e un obradoiro de escrita creativa.

luns, 21 mai 2012
Actividades de dinamización para persoas adultas (para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 h)

Comunícate en público, seduce coa voz (25 prazas), mércores 23 de maio, de 19:00 a 21:00 h, na Biblioteca Xosé Neira Vilas. Impartido por Uxía Blanco

Obradoiro de escrita creativa (16 prazas), luns 4, 11 e 18 de xuño, de 19:00 a 21:00 h, na Biblioteca Central. Impartido por Francisco Castro

Actividades de dinamización para directivas das asociacións veciñais, culturais, deportivas... (para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 h)

Comunícate en público, seduce coa voz (24 prazas cada día, total 48), luns 4 e martes 5 de xuño, de 19:00 a 21:00 h, no edificio Fernando Carreras (rúa O Porto, 1-antiga reitoría). Impartido por Uxía Blanco
Número máximo de persoas por asociación: 3. De quedaren prazas libres en calquera dos dous obradoiros, poderán anotarse máis persoas por asociación.