Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Pechada ao tráfico a rúa Enrique Lorenzo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico (por treitos) a rúa Enrique Lorenzo, treito 1 (entre Santa Tegra e Purificación Saavedra), dende o xoves 24 de maio de 2012 ás 10:00 horas, con acceso exclusivo para garaxes, e por un período aproximado de tres meses. <br />

luns, 21 mai 2012
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Pedro Alvarado e Maceiras para todo tipo de tráfico e polas rúas: Enrique Lorenzo ou Pedro Alvarado e Purificación Saavedra para o acceso ao MERCADO.

Solicítase a máxima colaboración cidadá e atención á sinalización..