Escoitar

Caballero celebra que Vigo acolla o laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas

O alcalde acudiu hoxe luns ao CITEXVI, o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, onde celebrouse o acto de inauguración das novas instalacións do laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas, un centro de "altísimo nivel" que marca desde Vigo os procedementos de detección das biotoxinas para Europa.

luns, 21 mai 2012
1337602188citexvi.jpg
O alcalde de Vigo quixo "celebrar" a inauguración das instalacións deste laboratorio de referencia no continente europeo e agradeceu ao anterior e actual Goberno de España o seu traballo para establecelo na cidade, pois "houbo un intento" de levalo a outra área galega.

O primeiro edil vigués valorou que as novas instalacións do laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas marcarán desde Vigo os procedementos de detección das mesmas para o resto de centros europeos.
Descargar todas as imaxes