O Concello aumenta ata 2.625 as prazas nos campamentos infantís e xuvenís de verán
O alcalde, Abel Caballero, presentou este xoves a oferta municipal de actividades para o verán, que increméntase un 40% con respecto ao ano pasado ata superar as 2.625 prazas. Nos departamentos de Xuventude, Deportes ou Benestar Social, o programa procura a conciliación familiar e o ocio educativo para os participantes, sufragando o Concello o 53% do seu custo.