Caballero asegura que Vigo "foi capaz de concitar a atención" de Londres no seu acto promocional
O alcalde de Vigo fixo este xoves balance do acto promocional de Vigo, que tivo lugar onte en Londres ante touroperadores e periodistas especializados na capital británica. Subliñou Caballero a "afluencia moi notable" á presentación, nun "mercado potencialmente moi importante" e avogou por "seguir na mesma liña" dentro da estratexia turística viguesa.
Abel Caballero quixo valorar este xoves o resultado do evento promocional realizado polo Concello, xunto á aerolínea Vueling, en Londres, para potenciar a imaxe da cidade no mercado británico e traballar na consolidación da ruta Peinador-Heathrow.
Recordou o primeiro edil que Vigo oferta unha "relación calidade prezo excepcionalmente boa" e a presentación puido "concitar a atención" do medio centenar de medios británicos e corresponsais especializados. "Temos que seguir na mesma liña", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes