Escoitar

O Concello aumenta ata 2.625 as prazas nos campamentos infantís e xuvenís de verán

O alcalde, Abel Caballero, presentou este xoves a oferta municipal de actividades para o verán, que increméntase un 40% con respecto ao ano pasado ata superar as 2.625 prazas. Nos departamentos de Xuventude, Deportes ou Benestar Social, o programa procura a conciliación familiar e o ocio educativo para os participantes, sufragando o Concello o 53% do seu custo.

xoves, 24 mai 2012
1337861146campamentos.jpg
Abel Caballero valorou o incremento da oferta de lecer educativo no verán por parte das distintas concellerías municipais, en particular en época de crise, co que se busca facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, fomentar a educación e a participación e educar en valores cívicos.

Verán Xove inclúe a gran maioría da oferta estival, mantendo o prezo do pasado ano, incrementando as actividades nos espazos municipais para optimizar os recursos e implementando por primeira vez a inscripción por vía telemática, a través da páxina web municipal. O prazo de inscripción ábrese o 1 de xuño.

Os campamentos urbanos de Verán Xove, explicou o primeiro edil, diríxese ao público entre 4 e 14 anos e suma numerosas iniciativas este ano, como un campamento con pernocta en VigoZoo. As ludotecas, pensadas para rapaces entre os 4 e os 13 anos en distintos puntos da cidade, tamén celebraranse, como novidades, en agosto e nos catro centros cívicos e en VigoZoo. As actividades para xóvenes entre os 13 e os 35 anos terán lugar no Castro ou nas Illas Cíes, entre outros, non precisando na maioría dos casos de inscripción previa.

En materia de benestar, Abel Caballero indicou que o Concello, a través da Concellería de Política de Benestar, ofrece actividades para discapacitados a partir dos 6 anos tanto en xullo como en agosto, con inscripción no Concello ou nos centros onde estea a persoa discapacitada ata o 31 de maio.

O tradicional Campus polideportivo de VIDE oferta 200 prazas, de 8 a 14 anos, coas mesmas tarifas que no ano 2007, cunha veintena de persoas na organización entre monitores e voluntarios.
Descargar todas as imaxes