Escoitar

O Concello porá oito autobuses para que os afeccionados apoien ao Real Club Celta en Tarragona

O alcalde, Abel Caballero, garantiu este martes á Federación de Peñas do Real Club Celta oito autocares para desprazar a uns 300 afeccionados a Tarragona, un encontro que afrontará o próximo domingo o equipo vigués ante o Nástic de Tarragona vital para o obxectivo do ascenso á máxima categoría. O goberno local respalda esta proposta pois "para a cidade sería unha magnífica nova" o ascenso do Celta.

martes, 22 mai 2012
1337701165celta.JPG
O alcalde respalda a petición da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo e o Concello porá oito autobuses para que uns 300 aficionados celestes se despracen a Tarragona este domingo para apoiar ao equipo vigués.

Tras unha reunión celebrada na mañá deste martes, Abel Caballero asegurou que "para a cidade sería unha magnífica nova" o ascenso do Celta á máxima categoría, polo que o Concello custeará o desprazamento por estrada dunha parte dos mil afeccionados que os peñistas agardan desprazar ata terras catalanas.

O alcalde vigués non desbotou a posibilidade de ampliar o número de autocares dispostos "se fora necesario", aínda que as propias previsións da Federación de Peñas estiman suficiente os oito ata o momento.

Descargar todas as imaxes