Bando sobre suspensión da expedición de permisos de queimas
Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.
Ca finalidade de minimizar ao máxomo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspenderase con carácter xeral, dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de produtos do campo (herbas, rastrollos, etc...) no Rexistro Xeral (xa sexa presencial ou a traverso da páxina web do Concello)
Vigo, 4 de maio de 2012
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez
Vigo, 4 de maio de 2012
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez