Vigo acolle unha reunión do proxecto MOBI.Europe para facilitar a implantación do coche eléctrico
O alcalde, Abel Caballero, asistiu este martes ao encontro que reúne a uns 40 profesionais de 12 institucións participantes que pertencen a 5 países europeos distintos, unha reunión prevista dentro do proxecto MOBI.Europe -cunha achega europea de 5 millóns de euros- que procura pór en común e adoptar medidas que faciliten a implantación e uso do vehículo eléctrico.
Abel Caballero explicou que as reunións de traballo que deron comezo este martes alongaranse ata mañá mércores e salientou que o proxecto MOBI.Europe é "da maior importancia" polo fondo da cuestión e por aglutinar a 12 institucións de 5 países distintos.
A estratexia desta proposta pasa por dispor "todo aquelo que facilite a utilización e a carga" dos vehículos eléctricos nas cidades e, no caso vigués, a planificación xira en torno aos eixos medioambiental, fiscal e administrativo, de circulación e desenvolvemento de infraestruturas urbanas, urbanístico, comunicativo e formativo, de servizos públicos e de desenvolvemento económico.
Segundo apuntou Caballero, o plan prevé facilitar a implantación do coche eléctrico adoptando medidas de discriminación positiva, como poderían ser a reservas de espazo e circulación preferente ou vantaxes fiscais para os usuarios. Tamén requerirá do establecemento de infraestruturas de carga e da elaboración de estratexias de comunicación e formación.
Descargar todas as imaxes