O alcalde reclama o tax lease para que o naval recupere a súa competitividade internacional
Durante a inauguración de Navalia 2012, Abel Caballero ofreceu á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a colaboración do Concello de Vigo na resolución deste sistema de bonificacións para que os astaleiros galegos y vigueses retomen o seu espazo internacional en base ao seu traballo e bo facer.
Abel Caballero asegurou na súa intervención que o sector atópase ante unha "empresa difícil" e agradeceu á organización o seu "tesón" para continuar cunha feira que "enarbola" a capacidade e a innovación do naval galego e vigués.
O alcalde indicou que Navalia naceu coma o reflexo da competitividade dos astaleiros e recordou que porta detrás a moitas empresas e comerciantes que tamén vense beneficiados polo volume de negocio que xera este evento.
Navalia reúne a un total de 500 firmas expositoras no Instituto Feiral de Vigo, onde a cita alongarase desde este martes e ata o vindeiro xoves. Ao longo deses tres días a organización prevé congregar a máis de 25.000 visitantes profesionais que poderán coñecer as propostas de marcas de todo o mundo, pois na feira estarán representados uns 75 países. Ademais, espérase lograr unha cifra de negocio similar á da anterior edición, duns 5.000 millóns de euros.
O evento, que celebra a súa cuarta edición en 2012, conta cun espazo expositivo de 25.000 metros cadrados, nos que se poden observar as principais novidades do sector. Ademais da propia feira, Navalia inclúe unha serie de xornadas técnicas, simposios e tamén acolle encontros bilaterais entre delegacións empresariais de diversos países --como Alemaña, Brasil, EE.UU., Marrocos, México, Panamá e Romanía-- e firmas galegas.
Descargar todas as imaxes