O teatro infantil continúa o domingo no Auditorio Municipal coa obra "Valados", de Artestudio Teatro

venres, 3 xuñ 2011

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa o domingo co programa "con t minúsculo", dirixido ao público infantil. Ás 18 horas, a compañía Artestudio Teatro representará a obra "Valados". As entradas teñen un prezo de 3 euros para os nenos e nenas até 12 anos e de 5 euros para os maiores; pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

"Afinidades selectivas", exposición na Casa Galega da Cultura

xoves, 2 xuñ 2011

A Casa Galega da Cultura presenta a cuarta edición da exposición "Afinidades Selectivas 4" que reúne neste espazo a seis artistas que teñen en común coincidiren nalgún momento na Facultade de Belas Artes, uns como estudantes e outros como docentes. Pero, sobre todo, o que os mantén unidos é a práctica dunha arte, que desde a súa riqueza e complexidade excede o que como cultura visual nos vén dado no noso contexto cultural.

O Auditorio Municipal acolle este fin de semana as obras para público familiar "O castelo de lady Minimal" e "El castillo rojo"

venres, 27 mai 2011

A programación estable de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal propón para este fin de semana dúas obras de teatro para público familiar. Mañá sábado, a compañía Títeres en Acción interpretará "O castelo de lady Minimal" ás 18 horas, mentres que o domingo a compañía La Maquiné levará a escena "El castillo rojo", ás 18 horas. As entradas teñen un prezo de 3 euros para nenos e nenas até 12 anos e de 5 euros para maiores; e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

"Os Sabadiños" de xuño e xullo unha nova alternativa de ocio

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continúa a súa actividade de animación á lectura entre os máis pequenos da casa<br />

venres, 27 mai 2011

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, continúa a súa labor de animación á lectura entre os máis pequenos da casa. Tras as actividades realizadas por mor do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e a visita dos Ratiños da Caixa a biblioteca inicia "Os Sabadiños". Estas actividades terán lugar o 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo de 12.00 a 13.30 horas na propia biblioteca. Están recomendadas a nenos maiores de 5 anos.

Exposición Bibliográfica de Francisco Mantecón no MARCO

venres, 27 mai 2011

A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, presenta nas súas instalacións unha mostra bibliográfica que reúne unha selección de publicacións da biblioteca do artista e deseñador gráfico Francisco Mantecón. Estes fondos bibliográficos son produto dunha doazón realizada pola viúva do artista, Pilar Barreiro Mosquera, á Biblioteca do MARCO

"Os Sabadiños" de xuño e xullo unha nova alternativa de ocio

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continúa a súa actividade de animación á lectura entre os máis pequenos da casa

xoves, 26 mai 2011

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, continúa a súa labor de animación á lectura entre os máis pequenos da casa. Tras as actividades realizadas por mor do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e a visita dos Ratiños da Caixa a biblioteca inicia "Os Sabadiños". Estas actividades terán lugar o 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo de 12.00 a 13.30 horas na propia biblioteca. Están recomendadas a nenos maiores de 5 anos.

"Achégate a internet" desenvolverase durante os meses de xuño e xullo

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas inicia as súas actividades de formación para usuarios

mércores, 25 mai 2011

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, inicia as súas actividades de formación para usuarios. A primeira acción, "Achégate a Internet", é un programa de alfabetización dixital. O curso gratuíto está destinado aos maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento previo de informática. Terá lugar na propia biblioteca os martes e xoves dende o 2 de xuño ata o 21 de xullo en horario de 11.00 a 12.00 horas

Verán no Verbum - Campamentos Abertos 2011

martes, 24 mai 2011

Un ano máis o Verbum organiza campamentos abertos de Verán. Este ano con novidades ao trasladar a súa celebración ao mes de agosto, e ao traballar con dúas temáticas, unha sobre a animación á lectura, que terá lugar na primeira quincena, e outra relacionando o museo co seu entorno natural, facendo unha campaña de concienciación co medio ambiente. As actividades están dirixidas a rapaces de 5 a 12 anos e desenvolveranse de martes a venres en horario de 10 a 14h. Este ano as actividades serán gratuítas.

Xesus López presenta a James Blunt como o terceiro gran concerto das Festas de Vigo o 31 de xullo en Castrelos

venres, 20 mai 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este venres o seguinte concerto xa pechado das Festas de Verán 2011, que será o que o cantante británico James Blunt ofrecerá o 31 de xullo en Castrelos, para presentar o seu último traballo, "Some Kind of Trouble". Segundo destacou o concelleiro nacionalista, este será "o terceiro gran concerto das Festas de Verán de Vigo", que se suma aos de Juanes o 15 de xullo e o de Bad Religion, que o 14 de agosto.

O Auditorio Municipal acolle mañá sábado o espectáculo de danza e música "Habelas", a cargo da compañía Traspediante

venres, 20 mai 2011

A programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura e Animación Sociocultural tamén inclúe o programa "Vigo en Danza", que mañá, 21 de maio, ofrece a posibilidade de gozar co espectáculo "Habelas", da compañía Traspediante, ás 21 horas no Auditorio Municipal. Por outra banda, a Concellería de Cultura informa de que a actuación da Asociación Agarimo, incluída no programa "Vigo a Escena", prevista inicialmente para mañá, 21 de maio en San Miguel de Oia, trasládase ao 15 de outubro no mesmo emprazamento.