Escoitar

Libros electrónicos: E-Books e E-Readers

Dentro das actividades organizadas no mes de abril ao redor do mundo do libro, dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas organízase o martes,17 de abril, ás 19 horas, unha xornada encamiñada a dar a coñecer as novas formas de achegarse ao libro e a literatura da man das novas tecnoloxías, xa completamente asentadas na nosa vida cotiá.

luns, 16 abr 2012
1334578856libroelectronico.jpg
José Ramón Ruiz de Ocenda ofrecerá así a charla-coloquio "Libros electrónicos: eBooks e eReaders", na que aproximará a todos os asistentes ao mundo do libro electrónico, tan en auxe nos últimos anos e non exento de certo debate respecto do libro tradicional. Amosaranse a súa utilidade e sinxeleza de manexo, que fai deles unha ferramenta de uso común para usuarios de calquera nivel de coñecementos.

Comezarase explicando os diferentes dispositivos que poden servir de soporte ao libro electrónico, as súas funcións, características ou compatibilidades, amosando aos asistentes diferentes modelos que poderán manipular para familiarizarse cos mesmos. A continuación explicarase o funcionamento das páxinas de descarga de contidos para os e-readers e finalmente analizaranse os seus posibles usos no ámbito educativo.
Descargar todas as imaxes