Escoitar

O Concello deu luz verde a 315 novas bolsas de idiomas no programa "Vigo en inglés"

O Concello concederá 315 bolsas de idiomas dentro do programa "Vigo en inglés", nunha convocatoria que este ano inclúe, como novidade, que as familias con rendas superiores a 50.000 euros sufraguen unha pequena parte dos 3.000 euros de media que custa unha destas axudas.

luns, 16 abr 2012
1334577000alcalde4.jpg
O alcalde explicou que o goberno local tamén aprobou a concesión de 315 bolsas de inglés para que os estudantes vigueses poidan aprender o idioma en Inglaterra e Irlanda, cun orzamento de 775.000 euros. Precisou que o 65% das prazas do programa Vigo en inglés están destiñadas a centros públicos, mentres que os concertados acaparan o 35% restante.

A convocatoria deste ano incorpora, segundo degranou o rexedor, a petición "dunha pequena achega económica ás familias con rendas máis altas" á hora de sufragar o custo das bolsas, cun custo individual de preto de 3.000 euros. As unidades familiares con ingresos menores a 40.000 euros estarán exentos de pago, mentres que os que oscilen entre 40.000 e 50.000 euros abonarán o 12%, e dicir, uns 300 euros; e, finalmente, os que ingresen máis de 50.000 euros ao ano pagarán o 25%, sobre 600. "Pensamos que é un momento económico axeitado para esixirlles aos que máis teñen que aporten unha pequena parte do custo da bolsa", e precisou que estas achegas servirán para aumentar o número de axudas económicas ao final do ano.

Recordou o alcalde durante a súa intervención que, desde a súa chegada ao Concello, 1.430 estudantes se beneficiaron do programa municipal de estudos no estranxeiro.
Descargar todas as imaxes