A Casa das Artes amosa unha exposición fotográfica dos 40 anos de Médicos Sin Fronteras

mércores, 5 out 2011

Coincidindo co 40 aniversario do seu nacemento, Médicos Sin Fronteras (MSF) inaugura, gracias á Concellería de Cultura, festas e políticas do Benestar, o 5 de outubro, na Casa das Artes de Vigo, a exposición "40 Anos de Acción Humanitaria Independente", unha mostra fotográfica que repasa a historia da organización, así como os principios que guiaron o seu traballo durante as últimas décadas. A exposición inaugurouse esta mañá coa asistencia de Abel Caballero, alcalde de Vigo e Fran Román, expatriado de MSF e poderase visitar ata o vindeiro 23 de outubro.

As xornadas de filosofía de Vigo profundizarán sobre o Universo

martes, 4 out 2011

"O Universo: física e filosofía" e o tema central das XX Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e que se celebran os días 4,5 e 6 de outubro no auditorio municipal. Os ponentes das xornadas son expertos nos temas do Universo, tanto desde a súa visión filosófica como física e astronómica.

Teatro familiar no Auditorio Municipal

venres, 30 set 2011

A compañía Marie de Jongh subirá ao escenario do Auditorio Municipal o domingo 2 de outubro ás 18 horas para retratar en "Humanos" a dous robots aparentemente humanos que recrean condutas humanas onde nada é para sempre. Prezo: adultos 5 €, menores de 12 anos 3 €

O Verbum presenta o seu plan para o 4º trimestre de 2011

xoves, 29 set 2011

O Verbum – Casa das palabras presentou hoxe no Concello de Vigo o seu programa para o que queda de 2011. A concelleira de cultura Isaura Abelairas debullou o programa e as diferentes actividades do<br /> museo, relacionado con todas as artes e formas da comunicación.

O alcalde cifra en 25.000 os usuarios da biblioteca municipal Neira Vilas nos seus seis primeiros meses

mércores, 28 set 2011

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, visitaron este mércores a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, localizada en Martínez Garrido, o primeiro centro municipal destas carácteristicas. A biblioteca, aberta a finais de marzo, recibiu a 25.000 usuarios nos seus case 400 metros cadrados de superficie, con 64 postos de lectura, audiovisuais, información, 10 ordenadores e zonas WiFi. Abelairas presentou a programación do centro para os próximos meses, que contou coa "implicación" dos profesionais e veciñanza

O Auditorio Municipal acollerá 20 funcións ata fin de novembro

O alcalde confia en situar a Vigo no "lugar central do desenvolvemento da cultura en Galicia"

martes, 27 set 2011

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron hoxe martes a programación estable de artes escenénicas do Auditorio Municipal para os meses de setembro a novembro. Segundo destacou, a programación aposta por unha liña que pretende a consolidación de públicos a través das artes escénicas, cos mellores espectáculos de teatro e danza que están nestes momentos circulando en Galicia e fóra dela, así como un claro obxectivo de formación de novos públicos a través dos programas pensados para os máis cativos.

Vigo cede máis de 2.000 títulos da Fundación Fernández del Riego a Lourenzá, concello natal do escritor

luns, 26 set 2011

Abel Caballero deu hoxe cumprimento a un dos desexos que sempre manifestou o escritor Francisco Fernández del Riego de colaborar no enriquecemento bibliográfico da biblioteca pública da súa localidade natal, Lourenza, en Lugo. Así, o asinou hoxe luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero, de acordo co Padroado da Doazón da Biblioteca Fernández del Riego do Concello. Deste xeito, a biblioteca pública municipal "Juana de Ibarbourou", de Lourenzá, recibirá un lote de 2.684 títulos de libros e folletos do seu fondo de repetidos. O acto de cesión tivo lugar esta mañá na propia biblioteca Fernández del Riego.