Concerto de Pablo de Naverán e Alexander Kandelaki na homenaxe do bicentenario Franz Liszt (1811-1886)

luns, 28 nov 2011

Os músicos Pablo de Naverán (cello) e Alexander Kandelaki (piano) renderán homenaxe a Franz Liszt no cumprimento do bicentenario do seu nacemento. O concerto, que terá lugar no Auditorio Municipal, enmárcase nun ciclo organizado pola Obra Social de Caja España-Caja Duero, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas de Vigo, e que se compón dun total de trece concertos por toda España.

Obradoiro de literatura e creatividade sobre Álvaro Cunqueiro

venres, 25 nov 2011

Vagalume Colectivo de Aventuras Teatrais presenta no VERBUM este obradoiro dirixido ao público en xeral, pero especialmente pensado para o profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en afondar, a través da técnica teatral, na figura de Álvaro Cunqueiro.

Comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

venres, 25 nov 2011

A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, comeza a súa sétima edición o sábado 26 coa actuación da compañía Porta Aberta que representa a obra "Aquí non paga ninguén" no Centro Cultural de Beade.

XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, no Centro cultural de Valadares.O domingo 27, ás 19 horas terá lugar a final das xornadas.

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A última das proxeccións terań lugar o domingo 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

Últimos días de ArtFutura no MARCO

mércores, 23 nov 2011

Esta é a derradeira semana do programa audiovisual ArtFutura, que se proxecta no salón de actos do MARCO e que finaliza este sábado 26, catro semanas despois da súa estrea a principios de novembro, en exclusiva para Galicia.

Caballero compromete colaboración municipal para o concerto polo trixésimo aniversario de Siniestro Total

martes, 22 nov 2011

O alcalde de Vigo recibiu este martes ao líder, Julián Hernández, da histórica banda viguesa que a finais deste ano cumprirá trinta anos de traxectoria musical. Abel Caballero eloxiou o papel de Siniestro Total como embaixadores da cidade no exterior e tamén o seu rol na cultura en Galicia e España, polo que "desde Vigo temos que rendirlles unha homenaxe", que terá lugar posiblemente a comezos do mes de xaneiro.

No museo "Quiñones de León" e ata o nadal<br /> Un percorrido polo Vigo da Idade Media, as cantigas, trobadores e xograres

"O SON DAS ONDAS", unha exposición sobre o Vigo medieval e a lírica trobadoresca<br />

luns, 21 nov 2011

O Museo Municipal "Quiñones de León" remata a mediados do próximo mes de decembro a exposición temporal "O Son das Ondas" que ven de ser amosada dende o pasado mes de maio e que foi organizada polo museo municipal, producida por Editorial Galaxia e Merlín Comunicación e comisariada por Henrique Monteagudo.

"A princesa balinesa", teatro familiar no Auditorio Municipal

venres, 18 nov 2011

A obra "A princesa balinesa" trata das desventuras da princesa Xamira e a súa misión de encontrar os catro tesouros sagrados ou perderá o seu reino, que foi roubado pola malvada e poderosa deusa do Mar Negro Calixta. Na súa axuda pola busca dos tesouros, acudirá un aprendiz de mago bastante torpe.Este é o argumento da obra que se representa o sábado 19, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.