Bases do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo

venres, 16 dec 2011

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.O prazo de presentación é do 10 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012.

Show circense Galtük, dende o venres en Samil

xoves, 15 dec 2011

A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato "Galtük". Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.

Exposición "O Nadal na tradición" no Museo Liste

mércores, 14 dec 2011

Máis de 30 obras representativas de cómo se tratou historicamente ‘O nacemento’ en países como Portugal, Alemania, Italia o Perú pódese ver no Museo Liste do 15 de decembro ó 8 de xaneiro . A exposición "O Nadal na tradición" está organizada pola Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.

Concerto de Isga Collective no Auditorio Municipal

luns, 5 dec 2011

A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul no concerto que ofrecerá Isga Collective no Auditorio Municipal o próximo mércores 7 de decembro ás 21.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforamento; ás invitacións pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.

O Verbum programa os domingos 4, 11 e 18 de decembro os obradoiros "A alfombra viaxeira"

venres, 2 dec 2011

Para finalizar os obradoiros dominicais deste ano o Verbum ofrece unha viaxe moi especial, unha viaxe en alfombra! da man de Teresa González, premio Xerais de literatura infantil no 2010. Nestas viaxes asistirase á narración das historias máis coñecidas da literatura universal como son: A Odisea, Moby Dick, A Illa do Tesouro, 20.000 Leguas de Viaxe Submarina... Estes obradoiros están destinados aos menores de 5 a 12 anos e familias en horario de 12 a 13 horas.

Concerto de "Xardín desordenado" no Auditorio Municipal

xoves, 1 dec 2011

A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul, na presentación do primeiro disco do grupo vigués "Xardín desordenado" que terá lugar o venres, día 2 de decembro, ás 21 horas no Auditorio Municipal.O acceso ao concerto é gratuito ata completar aforamento.As invitación pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.

O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal "enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo"

mércores, 30 nov 2011

Abel Caballero, acompañado por concelleiros do goberno local, visitaron hoxe mércores a Pinacoteca Municipal na súa reapertura tras realizarse reparacións menores no edificio. O alcalde eloxiou esta dotación como "potenciador da cultura pictórica de Galicia e para o mundo" e apuntou un "segundo mérito importante" ao formar parte da recuperación do Casco Vello. A Pinacoteca permanecerá aberta en horario de mañá e tarde.

Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA

mércores, 30 nov 2011

Con motivo do día mundial contra a SIDA o museo MARCO organiza os días 1 e 2 de decembro diversas actividades en colaboración con entidades, asociacións e ONG. En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Conferencia de Carme Junyent no Verbum

martes, 29 nov 2011

" A diversidade lingüística actual: desafíos e oportunidades" é o título de conferencia que pronunciará o martes 29 de novembro ás 20.00 horas a profesora Carme Junyent no Verbum.Esta charla é unha das actividades propostas como complemento e afondamento na exposición "Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística".

Concerto de Pablo de Naverán e Alexander Kandelaki na homenaxe do bicentenario Franz Liszt (1811-1886)

martes, 29 nov 2011

Os músicos Pablo de Naverán (cello) e Alexander Kandelaki (piano) renderán homenaxe a Franz Liszt no bicentenario do seu nacemento durante un concerto que terá lugar no Auditorio Municipal o mércores 30 de novembro partir das 20.30 horas, con acceso gratuíto. Para poder asistir ao concerto haberá que recoller as invitacións no despacho de billetes a partir das 19:30 horas e até as 19:50 h (máximo de invitacións por persoa: 6).