Escoitar

A voz de Mónica de Nut e as raíces norteamericanas de The Soul Jacket o martes 31 de xullo no Festival Son de Vigo<br /> <br />

A segunda xornada o martes 31 de xullo do Festival Son de Vigo, dentro das festas de verán, está protagonizada por dúas voces de grande talento. Por unha banda, a de Mónica de Nut, que se presenta na Praza da Constitución acompañada do guitarrista Virxilio da Silva. Por outra banda, The Soul Jacket co vocalista Toni López á fronte, mostrarán ao público porque co seu album Wood Mama son a encarnación da música norteamericana dos anos setenta. Os concertos comezan ás 22.30h.

luns, 30 xul 2012
1343645767monicadenut.jpg
Mónica de Nut
Cantante de ópera, jazz, música de raíz e música experimental, Mónica de Nut trae agora entre mans o seu proxecto discográfico de trío. Con letras do poeta Manuel Cuña Novás e súas propias, o proxecto en palabras do crítico José Manuel Pérez Rey: "Mónica de Nut Trío propoñen un repertorio tan atrevido como atraínte. Introdúcense no folclore galego, caso de Eu chorei e Por que no hei de cantare; como entran nos estándares de jazz, con My Funny valentine, do que fan unha versión moi resolta; e atrévense a entrar na música clásica cunha solvente versión de Music for a while de Henry Purcell, e todo iso sen esquecer as composicións propias, obra do baixista e da cantante. Esta variedade musical ven propiciada polas posibilidades vogais de Mónica de Nut, que traballou tanto no mundo da música clásica como no do folk galego. A súa forma de traballar as súas músicas e a súa voz, trae á memoria tanto a Maria Joao como a Lila Downs". Mónica de Nut participa en Son de Vigo acompañada do guitarrista Virxilio da Silva.

A seguir, no escenario da Constitución, The Soul Jacket. Os seus membros xuntáronse hai preto de oito anos pero veñen de lanzar o seu primeiro traballo en forma de disco: Wood Mama, un compendio de rock clásico, soul e blues, gravado con Hendrik Rover, líder de Los Deltonos. Os integrantes desta banda son Toni López, voz e percusión, Jorge Mizer, guitarra, steel guitar, teclados e coros, Guillermo Gagliardi, guitarra, Jann Zerega, baixo e Mauro Comesaña, batería. Paixón e son vibrante súmanse a unha forza vocal que os converteu nunha máis que agradable sorpresa na escena musical local dos últimos tempos. Encarnan a alma da música norteamericana como poucos e no seu traballo podemos viaxar aos sons de Alabama pero tamén á escola dos mellores Rolling Stones. Inspirados na década dos setenta, The Soul Jacket están imparables tocando alá onde teñan oportunidade o seu repertorio honesto e artesán que afonda nas raíces do rock.

Programa Son de Vigo 2012:
Praza da Constitución
Luns 30 de xullo. 22.30h. Aries + The Blows
Martes 31 de xullo. 22.30h. Mónica de Nut + The Soul Jacket
Mércores 1 de agosto. 22.30h. Kaixo Sama VS Elecesar + Bflecha
Xoves 2 de agosto. 22.30h. Camarada Nimoy + Inculpados
Auditorio do Parque de Castrelos
Venres 3 de agosto. 23h. Os Resentidos + Siniestro Total
Entradas: 2 €
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

En facebook: https://www.facebook.com/sondevigo
En twitter: @sondevigo2012

1343645767monicadenut.jpg
1343646105TheSoulJacket.jpg