Escoitar

O goberno local licita as escolas infantís municipais de Casiano Martínez e Tomás Alonso

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da aprobación do expedente para a contratación da xestión de dúas novas escolas infantís, que sumarán 160 prazas á oferta municipal. Coas catro xa operativas, o Concello disporá de 488 prazas para os menores de 3 anos o próximo curso.

venres, 27 xul 2012
1343390492fragoselo.jpg
O alcalde, nunha visita á estrada de Fragoselo
Abel Caballero informou da decisión adoptada polo goberno que preside de aprobar a contratación e os pregos de condicións para a xestión das novas escolas infantís municipais de Casiano Martínez 18 e Tomás Alonso 78, cun total de 160 prazas que empezarán a operar en setembro.

Segundo explicou o alcalde, o Concello valida o gasto de máis de 1,7 millóns de euros para a xestión dos dous centros, a satisfacer en distintas anualidades, para ofertar 160 prazas máis que, sumadas ás que dispón a cidade nas catro actuais, suman un total de 488. Caballero recordou que o goberno local está ultimando a apertura dunha séptima escola infantil, en Mestres Goldar, que poderá acoller a un centenar de nenos e nenas vigueses.

Tomás Alonso e Casiano Martínez contarán con 22 profesionais no plantel, entre directores, educadores, auxiliares, cociñeiros e limpadoras, cun horario de apertura entre as 07:30 horas e ás 20 horas.

O alcalde recordou que os usuarios pagan o 10% do custo de cada praza nas escolas infantís do Concello, mentres que nas de titularidade autonómica teñen que facer fronte ao 60% do total.

Xerencia de Urbanismo
Previo á celebración da Xunta de Goberno Local tivo lugar en sesión ordinaria a reunión da Xerencia municipal de Urbanismo, na que informouse da concesión de 20 licenzas de obra e outras 5 de actividade -cun investimento próximo aos 300.000 euros-, entre as que Abel Caballero salientou a de primeira ocupación concedida aos edificios 3 e 6 de Clara Campoamor, seis portais para máis de medio centenar de vivendas, "un dos grandes núcleos de vivendas que estanse a facer na cidade".
Descargar todas as imaxes