Escoitar

Caballero felicita aos efectivos de seguridade polo seu traballo "francamente bo" no Festival Aéreo

O alcalde recibiu este xoves aos responsables da seguridade do Festival Aéreo Internacional de Vigo, o evento de maior afluencia de público en Galicia, para felicitarlles polo seu traballo "francamente bo" durante unha edición con máis autobuses e embarcacións e unha asistencia ás praias "ostensible".

xoves, 26 xul 2012
1343302725fav.jpg
Unhas 400 persoas velaron pola seguridade o pasado domingo, 22 de xullo, na celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo, un traballo "francamente bo" que o alcalde, Abel Caballero, quixo recoñecer este xoves.

O evento tivo lugar de forma "espléndida", indicou o primeiro edil, mostra da capacidade de Vigo de organizar e celebrar o evento de maior afluencia de público de Galicia e que sitúa á cidade como "referente" na materia a nivel europeo.

Abel Caballero explicou que o Festival levou ás praias a un número "ostensible" de xente, como amosa que o número de viaxeiros que empregaron o servizo especial de transporte urbano incrementáronse con respecto a 2011, así como as embarcacións na ría e os autobuses discrecionais procedentes doutros puntos de Galicia e o norte de Portugal.
Descargar todas as imaxes