O alcalde presenta unhas "magníficas festas que custan unha terceira parte que o pasado ano"
Abel Caballero eloxiou o traballo da concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, na organización das festas "nun momento difícil". A programación estival e da Semana Grande, do 30 de xullo ao 16 de agosto, inclúe actividades para todo tipo de públicos, idades e por toda a cidade. O orzamento deste ano ascende a 330.000 euros, polos 950.000 de 2011.
A Semana Grande terá lugar do 4 ao 11 de agosto, iniciándose co pregón na praza da Constitución a cargo de Antón Reixa, presidente da SGAE e líder do grupo Os Resentidos que celebran o seu 30º aniversario. Durante toda esa semán, haberá actividades para todos os públicos e con entrada libre: animación infantil na rúa Príncipe, monicreques na rúa Londres e os xogos olívicos con Popín en Bouzas, Calvario e Independencia; o Festival Folclórico Internacional terá o seu acto central no auditorio "Mar de Vigo" o sábado 4 e logo percorrerá cinco barrios, ademais de contar con animacións de rúa, desatcando especialmente a exhibición do grupo dos "Castellers de Terrasa"; a praza da Constitución será protagonista do 7 ao 11 das Noites Temáticas, espectáculos musicais adicadas a distintos xéneros como o blues, o fado, o pop....; ademais haberá concertos a cargo das bandas de música populares e animacións de rúas con grupos folclóricos da cidade; contaremos coa presenza un ano máis do Maratón Fotográfico, das festas gastronómicas, do Marisquiño, e incluso cunha exhibición do piloto de MotoGP Marc Márquez e todos os pilotos de Estrella Galicia 0,0.......
O auditorio de Castrelos contará coa presenza, dentro da Semana Grande, dos concertos de MACACO, co presentación do seu último disco "El murmullo del fuego", e co grupo vigués MARTYNEZ como teloneiros, o xoves 9; para poñer o punto final desta semán, chegará a xira LIVE EXPERIENCE DE CARLOS JEAN o sábado 11; os prezos para a zona de pagamento do auditorio será, de forma simbólica, de 2 €, e poderán adquirirse dende o venres 27 de xullo no servizo de Servinova e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).
O programa festivo rematará o xoves 16 de agosto, ás 22,30h, co concerto "SERRAT&SABINA con la orquesta del Titanic" no IFEVI.