O alcalde afirma que "está todo preparado" para a tradicional Procesión do Cristo da Victoria
Abel Caballero reuníuse este venres coa Hermana Maior da Confraría, Marora Martín, entre outros responsables para "pasar revisión" ao percorrido da Procesión, que será o habitual. O Concello porá megafonía e unha pantalla fóra para seguir os actos da Concatedral.
