Escoitar
Xerencia municipal de Urbanismo <br /> Xestión

Aprobación inicial do plan especial de dotacións "El/ZV/B-08 Eixo Avda. de Castelao-Avda. Europa" (expte.11482/411)

<br />

venres, 27 xul 2012
A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 6 de xullo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

"PRIMEIRO:Aprobar inicialmente o Plan Especial de Dotacións «EL/ZV/B-08», de iniciativa municipal, consonte a documentación elaborada pola sociedade "Fraga G. Quijada Portolés e Asociados, S.L.P.", con data febreiro 2012.

SEGUNDO:Ordenar a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión da provincia, e notificar de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.
Durante o mesmo prazo recabaranse das Administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos.

TERCEIRO:Publicar o acordo de aprobación inicial e apertura do período de información pública na páxina de internet municipal, así como os documentos integrantes do Plan Especial de Dotacións «EL/ZV/B-08», e solicitar informe dos departamentos municipais de Tráfico e Parques e Xardíns no tocante aos servizos da súa competencia."