Escoitar

Vigo colaborará na organización do 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos

O Concello colaborará o ano que ven na organización da celebración do 150 aniversario de Cantares Galegos, tal e como se comprometeu hoxe martes o rexedor nun encontro que mantivo con presidente da Real Academia da Lingua, Xosé Luis Méndez Ferrín, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira e Henrique Costas, vicerrector de Extensión Cultural da Universidade de Vigo.

martes, 7 ago 2012
1344343193cantares.jpg
Vigo celebrará como se merece unha efeméride este importancia dixo Abel Caballero en referencia a un dos momentos máis importantes da historia da cultura galega: a edición e publicación de Cantares Galegos. Logo dun encontro cos responsables da organización do evento: o presidente da Real Academia da Lingua, Xosé Luis Méndez Ferrín, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira e Henrique Costas, vicerrector de Extensión Cultural da Universidade de Vigo, Caballero lembrou que foi nunha imprenta na rúa Real onde cobrou vida esta destacada obra de Rosalía de Castro e reiterou a súa intención de celebrar "como se merece esta data", que ademais de marcar a entrada de Galicia na modernidade, "supuxo a irrupción de Vigo no panorama cultural galego".
Descargar todas as imaxes