O Festival Folclórico Internacional chega o seu fin
O festival que reuniu a conxuntos do folclore nacional e internacional péchase o mércores ás 21.30 horas coas actuacións de Kämuk e Virgen de Fátima na parroquia de Matamá.
O venres da pasada semana daba comezo un evento multicultural que congregou ata este mércores a moi diferentes grupos folclóricos, tanto do estranxeiro como Kämuk (Costa Rica) ou Suvenir (Rusia), así como da xeografía española, tales son os casos dos Castellers de Terrasa (Cataluña) ou dos coros e danzas Virgen de Fátima (Murcia). Cada un deles aportou a estas Festas do Verán vigués unha boa mostra dos valores culturais que encarnan, difundíndoos nas súas numerosas actuacións que resultaron un éxito en canto a aceptación do público se refire. As rúas e as parroquias da cidade gozaron destas animacións durante case unha semana, pero foi o acto central, celebrado o pasado sábado no auditorio "Mar de Vigo", o que deu boa conta do potencial artístico do festival, pois alí tiveron lugar as actuacións de todos e cada un dos grupos participantes no Festival Folclórico Internacional.
Este mércores ten lugar o peche do ciclo de actuacións, que rematará cos espectáculos máis repetidos durante estes 5 días: Kämuk, Suvenir e coros e danzas Virgen de Fátima. No torreiro da Igrexa de Matamá, ás 21.30 do serán, é a quenda dos costarriqueños Kämuk e dos murcianos Virgen de Fátima; en canto ás animacións da rúa, terán lugar pola mañá (12 h) no Mercado de Teis a cargo tamén de Kämuk e na Estación Marítima de Ría, no que será a despedida dos moscovitas Suvenir.
Descargar todas as imaxes