Escoitar

Caballero amosa a súa satisfacción porque o Goberno Central paralice a reforma da Lei de Bases de Régimen Local

Abel Caballero asegura que a modificación da lei de Bases de Réxime Local que ven de paralizar o Goberno Central "ía na direción contraria" ao que precisa a administración pública española polo que "saúda con agrado" a paralización e avanza que as reunións para consensuar un texto entre a Femp e o Executivo Central comezarán a semana que ven.

luns, 6 ago 2012
1344258139alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, avanzou hoxe luns que a semana que ven comezarán os contactos entre a Femp e o Executivo Central para tratar de consensuar os termos nos que se modifique a Lei de Bases de Réxime Local. O rexedor amosou a súa satisfacción pola paralización desta reforma "porque estaba equivocada, ía en dirección contraria ao que precisa a administración pública española porque potenciaba as deputacións e restaba actividade aos concellos".

En rolda de prensa, defendeu a xestión dos concellos, como colectivo aínda que con excepcións porque "fomos quen de diminuir a débeda". Acusou ao Goberno Central de tratar de resolver todos os "males económicos" a través dos concellos, impoñendo intervencións das deputacións, algo "paradóxico" , dixo, porque se alguén xestiona con deficiencias son as deputacións, aludindo á de Pontevedra. Asegurou, a modo de expemplo, que o ente provincial duplica a débeda do Concello de Vigo e avanzou que esta reforma non só non aforraría cartos senón todo o contrario porque as deputacións prestarían os servizos a maior prezo e de xeito deficiente.
Descargar todas as imaxes