As noites temáticas traen música para tódolos gustos á Praza da Constitución
Segundo informaron o alcalde e a edil de Cultura, dende este martes e ata próximo sábado 11, artistas de moi diferentes rexistros aportarán aos vigueses o mellor do seu repertorio. Os amantes do pop, do blues, da música popular ou dos fados terán o seu concerto á medida.

A música continúa tendo unha importancia capital no programa de actividades das Festas de Verán en Vigo. Jane Joyd e o seu pop darán comezo a unha intensa semana de concertos que atraerán aos vigueses á Praza da Constitución para presenciar en directo, ás 11 da noite, a variada oferta musical que a Concellería de Festas dispón nestas noites temáticas. A artista coruñesa conta cunha notable carta de presentación, gañadora do prestixioso concurso de RNE e Festival Internacional de Benicasim "Proxecto Demo" e nominada nos premios Pop-Eye, leva meses actuando nos festivais de primeira liña estatal.
Talabarte, un conxunto galego, porá o mércores a nota tradicional e autóctona das noites musicais, sons rexionais que evidencian influencias de Berrogüetto ou Susana Seivane.
O cuarteto, tamén galego, Acadacanto darase cita o xoves na praza e o venres 10 será a quenda do blues, da Pinilla Blues Band que comanda o reputado Eduardo Pinilla, cunha dilatada traxectoria no eido da guitarra. O repertorio desta banda está deseñado para que teña éxito tanto nun contexto blues como en estilos jazz-rock, este carácter híbrido e polifacético e o seu dominio de todos estes campos fan desta actuación un éxito asegurado.
A noite do sábado será María do Ceo, unha cantante de fados, a que pechará as noites temáticas transmitindo ao público a tenrura, melancolía e paixón que caracterizan as súas cancións. A súa sólida carreira internacional e a reputación que ostenta como a mellor representante deste xénero musical son credenciais suficientes como para agardar un fin idóneo para este fin do ciclo musical.
Calendario de concertos "Noites temáticas":
Praza da Constitución, do 7 ao 11 de agosto (tódolos días as 23 h), entrada libre.
Martes, 7 de agosto. NOITE DE POP: JANE JOYD
Mércores, 8 de agosto. NOITE DE MÚSICAS POPULARES: TALABARTE
Xoves, 9 de agosto. NOITE DE ENCRUCILLADAS: ACADACANTO
Venres, 10 de agosto. NOITE DE BLUES: EDUARDO PINILLA BLUES BAND
Sábado, 11 de agosto. NOITE DE FADOS: MARÍA DO CEO