O alcalde ve con "satisfacción" que AENA reactive os sistemas antinéboa en Peinador
Despois de telo reclamado en días atrás, e tras terse desviados varios voos, Abel Caballero saudou hoxe martes "con satisfacción" o empeño de AENA -dependente do Ministerio de Fomento- para facer funcionar novamente e "con rapidez" o sistema antinéboa no aeroporto de Vigo, operativo "seguramente esta semana".
