Escoitar
Seis días de animacións que farán as delicias dos cativos.

A programación infantil das Festas de Verán arranca cunha ampla oferta para os máis pequenos

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, asistiron hoxe martes á rúa do Príncipe, onde teñen lugar terá diferentes actividades infantís: Alavín Alaván, Popín Animación e Os Monicreques na rúa Londres, encargados de entreter aos nenos e nenas de Vigo.

martes, 7 ago 2012
1344342393festas.jpg
A programación infantil das Festas de Verán do Concello de Vigo ten hoxe a súa inauguración, será unha semana intensa con diversas actividades que ocuparán as tardes dos nenos vigueses, pero que tamén atraerán a atención dos máis maiores. Do 6 ao 11 de agosto están programadas actuacións diarias de "Alavín Alaván, Unha viaxe chea de aventura", un proxecto lúdico pola historia da cidade que iniciase hoxe as 18h. A duración estímase en aproximadamente dúas horas e repetirase, con algunhas novidades, tódolos días de esta "semana infantil"

Os Monicreques da rúa Londres traerán tamén diariamente, ás 20 h na rúa Londres e dende hoxe ata o vindeiro sábado, as animacións infantís con diversos espectáculos protagonizados por monicreques e actores. Este serán, os Monicreques de Kukas, un conxunto galego, interpretarán "Andainas dun Monicreque". O mesmo grupo repetirá cita mañá pero esta vez será con "Contos dun vento acatarrado". Viravolta Títeres e Tanxarina son tamén outras dúas compañías galegas que participan neste ciclo de actuacións. Os cataláns Xip Xap e os madrileños Marimba Marionetas son os grupos que chegan dende fora da nosa comunidade.

O terceiro e último protagonista deste tríptico de actuacións para os pequenos é o Payaso Popín, personaxe especialista en risas como el mesmo se define, ao que o actor Adolfo Maguna da vida. O seu espectáculo asegura diversión para tódolos públicos e terá lugar na Alameda de Bouzas, tanto hoxe como mañá, ás 18.30 h. O longo da semana pasará tamén pola Peonil do Calvario e pola Praza da Independecia para abraiar a un gran número de espectadores en diferentes puntos de Vigo.

Programación infantil para toda a semana (6 ao 11 de agosto)
Monicreques na Rúa Londres
Tódolos días na Rúa Londres (detrás do Marco) ás 20 h:
Luns 6: Monicreques de Kukas (Galicia): "Andainas dun Monicreque"
Martes 7: Monicreques de Kukas (Galicia): "Contos dun vento acatarrado"
Mércores 8: Compañía Xip Xap (Cataluña): "El Cuento de la lechera"
Xoves 9: Viravolta Títeres (Galicia): "Paxaro de lume"
Venres 10: Tanxarina (Galicia): "Titiricircus. 25º aniversario"
Sábado 11: Marimba Marionetas (Madrid): "El castillo encantado"

Alavín Alaván: Unha viaxe chea de aventura
Do 6 ao 11 na Rúa Príncipe, de 18 h a 20 h.

Popín Animación: Xogos Olívicos de verán Vigo 2012
De 18.30 h a 21.30 nos espazos seguintes:
Alameda de Bouzas: 6 e 7 de agosto.
Peonil do Calvario: 8 e 9 de agosto.
Praza da Independencia: 10 e 11 de agosto.
1344342393festas.jpg
1344256049alavinalavan.jpg
1344256079popin.jpg
1344256068monicreques.jpg