Escoitar

Achégate á pintura con...Din Matamoro

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas organiza este taller que ofrece aos máis pequenos unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de xullo, ao tempo que achegalos ao mundo da pintura, da man dun dos artistas plásticos galegos máis recoñecidos no panorama artístico actual: Din Matamoro.

venres, 13 xul 2012
1342180567matamoro.jpg
Así, ao longo 4 sesións de dúas horas, Din achegará aos rapaces ao mundo da pintura, a súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes e o interese polos libros que tratan esta temática e que poden atopar na biblioteca.

En cada unha das sesións haberá unha motivación, un tema a partir do cal traballar: a luz e as cores, o retrato, as formas curvas ou os animais serán algúns dos puntos de partida para crear auténticas obras de arte.

O taller realizarase os martes 17 e 24 de xullo e os xoves 19 e 26 de xullo.

Destinatarios: Nenos de 5 a 12 anos.

Imparte: Din Matamoro.

Prazas: 25 participantes.

Inscrición: Os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir do 1 de xullo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

A inscrición farase para cada unha das sesións de forma independente.
Descargar todas as imaxes