PSOE e BNG fan un "chamamento urxente" á negociación para resolver o conflicto en Correos
Unha reunión celebrada este luns entre os voceiros dos tres grupos políticos municipais saldouse cunha resolución aprobada por PSOE e BNG, coa oposición do PP, instando "ao diálogo e á negociación" entre a dirección e os traballadores "co obxecto de pór fin de forma inmediata a este conflito que afecta a un servizo público fundamental".