Escoitar

PSOE e BNG fan un "chamamento urxente" á negociación para resolver o conflicto en Correos

Unha reunión celebrada este luns entre os voceiros dos tres grupos políticos municipais saldouse cunha resolución aprobada por PSOE e BNG, coa oposición do PP, instando "ao diálogo e á negociación" entre a dirección e os traballadores "co obxecto de pór fin de forma inmediata a este conflito que afecta a un servizo público fundamental".

luns, 9 xul 2012
1341832361correos.jpg
O acordo adoptado este luns será transmitido na xornada de mañá aos representantes dos traballadores de Correos, segundo confirmou o segundo tenente de alcalde, o socialista Carlos Font, unha reunión que produciuse despois de que o alcalde, Abel Caballero, instara o pasado 18 de xuño por carta ao presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos á resolución deste conflicto.

Segundo indica a resolución acordada por socialistas e nacionalistas, "a actitude do Goberno Central, de non tomar iniciativas para desbloquear o conflicto, enmárcase dentro da política de recortes dos servizos públicos e privatización dos mesmos, sendo o responsable último do servizo esencial do correo".

Fontes do comité de Correos cifran nun millón os envíos acumulados na sede do servizo postal, causando unha "incidencia moi importante", indica o texto, no tecido económico e afectando "profunda e negativamente ás transaccións comerciais habituais da cidade", particularmente as exportacións.

Máis información