Escoitar

O alcalde destaca a "consolidación" da terceira Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas

O próximo 26 de xullo arrancará a terceira edición da iniciativa que recrea a ruta martítima do Apóstolo a súa chegada nun barco de madeira para chegar a Compostela. Abel Cabellero presentou esta mañá unha travesía que contará con 9 etapas que, como anos anteriores, une Galicia e Portugal.

venres, 6 xul 2012
1341590739cabaleiro.JPG
A terceira Ruta Marítima Cabaleiro das Cunchas partirá de Bouzas con destiño a Matoshiños o próximo día 26 de xullo na que será a primeira das 9 etapas que recreen a ruta marítima orixinaria do Apóstolo que, según reza a lenda, chega nun barco de madeira para chegar a Compostela. Así o explicou esta mañá o presidente da Asociación de Amigos da Ruta do Cabaleiro e cofrade maior de Bouzas, Paulino Freire, nunha rolda de prensa na que Abel Caballero destacou a "consolidación" desta iniciativa que combina tradición e turismo, co engadido do atractivo do mar.

A ruta desenvolverase entre o 26 de xullo e o 4 de agosto, en 9 etapas co seguinte percorrido: Bouzas, Matoshiños, Viana do Castelo, Bouzas, Illa de San Simón, Vigo, Sanxenxo, Cabo de Cruz (Boiro) e Santiago de Compostela. Os organizadores esperan igualar ou superar os 30 barcos partipantes da pasada edición, cun total de 120 personas. Esta travesía xa conseguiu o ano pasado á Compostelá á súa chegada á capital de Galicia.

Na comparecencia cos medios tamén estiveron presentes Xoán Ramón Carballo, director da Ruta e presidente do Liceo de Bouzas, e Marcos Sousa, representante de Turismo de Porto e Norte de Portugal.
Descargar todas as imaxes