Caballero avanza que máis de 400 efectivos velarán pola seguridade da décima edición do Festival Aéreo
O alcalde de Vigo presidiu este xoves a Xunta de Seguridade convocada pola celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo 2012, que terá lugar en Samil o próximo 22 de xullo ás 11 horas. Máis de 400 persoas, entre efectivos de Policía Local, Policía Nacional, bombeiros, Garda Civil, socorristas e membros de Protección Civil, velarán pola seguridade durante o desenvolvemento do evento.
Abel Caballero, que reuniu na mañá destexoves á Xunta Local de Seguridade para abordar os detalles do despregamento do domingo 22 de xullo, a propósito da celebración da décina edición do Festival Aéreo de Vigo. O sábado 21 realizaránse en Samil os entrenamentos, que dan lugar ao Sunset Air Show, que precisará so seguridade marítima.
O dispositivo de seguridade estará integrado por 150 axentes de Policía Local e Nacional, varios grupos de mergulladores na auga, así como sete embarcacións de Protección Civil, Gardacostas, Garda Civil, bombeiros e Cruz Vermella. Tamén haberá dotacións de bombeiros en terra, tres ambulancias de Cruz Vermella, está previsto que as posibles evacuacións se realicen desde Mariña Davila Sport.
Por outra banda, unha ano máis volverá pecharse ao tráfico a Avenida de Europa cun carril de ida e outro de volta para transporte público, de emerxencias e motos. A concesionaria de transporte público, Vitrasa, porá en marcha un servizo lanzadeira, con autobuses cada dous minutos desde a Praza do Emigrante, e frecuencias de 5 a 15 minutos desde outros puntos da cidade como Ramón Nieto, Genaro de la Fuente, Travesía de Vigo, Sanjurjo Badía, Urzáiz, Policarpo Sanz ou Praza de España. Nese sentido, Abel Caballero recomendou aos cidadáns que utilicen o transporte público para acceder a Samil, xa que as liñas estarán operativas desde as 7.00 horas da mañá.
No tocante aos autobuses discrecionais, contarán con máis espazo para deixar os pasaxeiros e, como no caso dos autobuses urbanos, o estacionamento será na explanada do Verbum e na zona de enfrente ao Museo.
O alcalde explicou que ese día establecerase un perímetro de seguridade de 300 metros ao redor da praia e contarase con 10 embarcacións de seguridade. Así mesmo, poranse balizas para evitar riscos para os bañistas e para as persoas que estean no areal.
Descargar todas as imaxes