Escoitar

O Concello intensificará a campaña informativa para un correcto uso das cadeiras infantís de seguridade

O alcalde e o concelleiro de Seguridade visitaron este xoves a escola infantil municipal Atalaia de Teis, onde tivo lugar unha actividade da sección de Educación Vial da Policía Local cos máis pequenos. Caballero indicou que o 74% dos vehículos inspeccionados non estaban correctamente instaladas polo que, de cara ao próximo curso, o Concello intensificará a campaña de información aos pais.

xoves, 5 xul 2012
1341489447poli.jpg
O Concello, a través da Policía Local, realiza inspeccións do correcto uso dos sistemas de retención infantís nos vehículos ás portas das escolas infantís, dos colexios e dos centros da saúde, co obxectivo de informar aos pais que o precisen da forma axeitada de instalalos no coche e de suxetar aos menores.

Segundo revelou o alcalde, dos 70 vehículos inspeccionados polos axentes, o 74% destes presentaban algunha anomalía. Entre as desfavorables, o 55% presentaban o arnés de suxección dos nenos floxo, o 11,6% levaba mal suxeita ou anclada a cadeira, o 8,7% tiña o arnés retorcido, o 5,8% levábao por detrás dos hombreiros e outro 5,8% empregaba un tipo de cadeira non axeitado para a idade do neno.

Na escola infantil, Abel Caballero felicitou aos axentes da Policía local polo "magnífico traballo" que realizan tanto cos pais como cos máis pequenos na concienciación e sensibilización das normas de tráfico e, particularmente, dos sistemas de retención infantís, as cadeiras nas que deben ir os menores nos vehículos.

A sección de Educación Vial da Policía Local ensina aos nenos, mediante xogos e cancións, que deben cruzar a rúa sempre polo paso de peóns, mirando aos lados, co semáforo en verde e da man dalgún dos seus pais. Tamén lles conciencian da necesidade de viaxar en coche nas cadeiras especiais para os menores.
Descargar todas as imaxes