Escoitar

O Concello pon en marcha o único centro de inclusión social público de Galicia

A Xunta de Goberno local deu luz verde á contratación dos servizos do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social cun orzamento de licitación de 715.000 euros. Co posta en marcha deste concurso público, se completa o alberque que xa está a funcionar 365 días ao ano na Casa do Pescador, en Marqués de Valterra.

venres, 6 xul 2012
As instalacións da Casa do Pescador, en Marqués de Valterra, serán o único centro de inclusión social público de toda Galicia. A Xunta de goberno local aprobou hoxe venres o expediente de contratación dos servizos, mediante concurso público, cun orzamento de licitación de 715.691 euros co compromiso de destiñar as instalacións a programas para usuarios en exclusión social e incrementar outros programas sociais como comedores.

A disponibilidade do espazo nas instalacións de Marqués de Valterra permite integrar outros programas que xa ven ofertando o Concello e, polo tanto, permiten unha reducción de custos. Entre outros servizos incluirá: Pisos Vía das ONG, Sereos (café e calor), dispotivito de noite e pisos de atención á muller.

O proxecto municipal contará, en primeiro lugar, cun albergue con 40 prazas que funcionará todos os días do ano de 20,00 a 09,00 horas; un centro de acollida e inclusión, con mediación programada para incorporación sociolaboral que funcionará na propia Casa do Pescador e nun piso para 8 usuarios; un comedor social con 70 prazas, operativo todos os días do ano entre as 12,30 e as 14,30 horas; un centro de atención social continuada; un centro de inclusión social con talleres de terapia ocupacional, habilidades sociais; unha unidade de rúa, para atender ás persoas sen teito da cidade alí onde se atopen para favorecer o seu acceso a servizos sociais;e, por último, unha unidade de hixiene.

Respecto dos recursos humanos, contarase cun coordinador, un sicólogo, traballadores sociais, educadores sociais, integradores sociais, vixiantes e limpiadoras.

Outros convenios
Na Xunta local de Goberno tamén se aprobou unha achega de 45.000 euros para o comedor social da entidade Vida Digna, ao tempo que se deu luz verde a unha subvención de 35.000 euros para que os Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres repartan bocadillos de luns a sábado durante 2012.