Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 12 xul 2012
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 13 DE XULLO DE 2012.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 2 de xullo de 2012.

ADMINISTRACION ELECTRONICA
2.- Dar contra da resolución do concelleiro delegado de Administración Electrónica, autorizando a D. Antonio Villanueva Guimeráns, á asistencia a un curso en Santiago de Compostela. Expte. 6055/113.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proxecto de convenio de colaboración coa entidade Fundación provincial banco de alimentos de Vigo, para a atención das necesidades básicas dos centros específicos de atención a persoas en estado de necesidade. Expte. 77237/301.

4.- Addenda ao convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a entidade "Asociación Freijeiro de Ayuda al Necesitado". Expte. 77372/301.

CONTRATACION
5.- Clasificación de ofertas para a contratación por procedemento negociado da organización de viaxes Blogger Trips. Expte. 4267/104.

6.- Adxudicación da contratación do servizo Intervención Familiar. Expte. 59058/301.

7.- Enaxenación de chatarra procedente do taller de electromecánicos. Expte. 4013/241.

8.- Prorroga do contrato Escola Municipal de Música tradicional e folk. Expte. 9317/332.

9.- Prórroga do contrato da Escola Municipal de Teatro. Expte. 9958/332.

10.- Resolución da concesión administrativa a D. Jose L. Darriba Fernández para a ocupación do dominio público municipal mediante a instalación dun quiosco na Av. Gran Via desta cidade. Expte. 19218/240.

CULTURA
11.- Subvención a Teatro Ensalle, S.L., para o financiamento do programa "Isto Ferve" 2012. Expte. 13823/331.

DEPORTES
12.- Recoñecemento da obriga derivada da sentenza do xulgado contencioso-administrativo nº 1, sobre reclamación de facturas de D. Graciano Rodríguez e Hijos. Expte. 8121/333.

13.- Autorizar a El Corte Inglés a organizar o vindeiro domingo 12.08.12 a XXXIV Travesía a nado El Corte Inglés-Trofeo Ría de Vigo-Natación Larga Distancia. Expte. 11314/333.

14.- Autorizar ao Club Ciclista Meixoeiro a organizar o vindeiro 21.07.12, o Gran Premio Ciclista Meixoeiro. Expte. 11350/333.

15.- Autorizar ao club Voley Praia Vigo a organizar os martes de xoves do mes de xullo e agosto a Escola de Verán de Voley Praia. Expte. 11363/333.

16.- Proxecto básico e de Execución de obras de mantemento e consolidación do actual circuíto de adestramento no parque de Castrelos do Concello de Vigo. Expte. 11381/333.

EDUCACIÓN
17.- Dar conta da Resolución da concelleira delegada de Educación, de data 29.06.2012, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e as listas de agarda coa puntuación obtida e a cota mensual que corresponde aboar en cada caso.

FESTAS
18.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e o Centro Veciñal e Cultural de Valadares, para a organización da "Festa do Polbo 2012". Expte. 4583/335.

19.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Federación de Peñas recreativas "El Olivo" para a organización da "XVII Festa do Mexillón". Expte. 4584/335.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
20.- Dar conta dos expedientes de contrato menor tramitados no servizo de Normalización Lingüística no mes de xuño 2012. Expte. 1483/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
21.- Declarar a nulidade da prestación dos servizos realizados pola entidade Hidroscivil S.L. e aprobar a indemnización substitutiva polas actuacións e o gasto realizado. Expte. 5718/320.

22.- Declarar a nulidade da prestación dos servizos realizados por Oresa S.L. e aprobar a indemnización substitutiva polas actuacións e o gasto realizado. Expte. 5726/320.

23.- Declarar a nulidade da prestación dos servizos realizados pola entidade Construcciones Carrera e Iglesias S.L. e aprobar a indemnización substitutiva polas actuacións e o gasto realizado. Expte. 5720/320.


PATRIMONIO HISTÓRICO
24.- Recoñecemento extraxudicial de créditos a favor da empresa Sirvent en concepto de mobiliario Pinacoteca. Expte. 6658/307.

25.- Recoñecemento extraxudicial de créditos a favor da empresa Ediprent, en concepto de bandeiras de Galicia. Expte. 6686/307.

POLICIA LOCAL
26.- Dar conta da relación de expedientes finalizados durante o segundo trimestre do ano 2012, de reclamacións por prexuízos causados ao Patrimonio Municipal (xudicial e extraxudicial). Expte. 36040/212.

27.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados na xefatura da Policía Local durante o segundo trimestre do ano 2012. Expte. 36039/212.

SERVIZOS XERAIS
28.- Dar conta do Decreto do concelleiro da área de Fomento, referente á autorización da asistencia a un curso do funcionario D. Roberto de la Iglesia Fernández, ao XXXVIII Simposium nacional de alumeado público en Toledo. Expte. 1378/440.

29.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Asociación para o reciclaxe de lámpadas "Ambilamp" e o Concello de Vigo. Expte. 1409/440.

30.- Recoñecemento extraxudicial de crédito á empresa Civisglobal S.L., polas obras de Humanización da rúa Oporto. Expte. 1430/440.

31.- Recoñecemento extraxudicial de crédito á empresa Civisglobal S.L., polas obras de Humanización da Zona de Povisa. Fase 2.

32.- Recoñecemento extraxudicial de crédito á empresa Civisglobal S.L., polas obras de Humanización da rúa Ramón Nieto. Fase 1.

TURISMO E COMERCIO
33.- Autorizar á empresa Ulises Proyects E.E., S.L. a execución, montaxe e desmontaxe do evento "O Marisquiño 2012". 4432/104.

URBANISMO
34.- Produtividade a Dª Carla Candía Paz, polas funcións encomendadas con carácter provisional e transitorio o 20.11.2009. Expte. 6272/407.

XUVENTUDE
35.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e o centro recreativo, artístico e cultural de Coruxo para desenvolver un programa de dinamización infantil e xuvenil, concretado nunha ludoteca. Aprobación do gasto. Expte. 3406/336.

36.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 13 de xullo de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 11 de xullo de 2012.

O ALCALDE,Abel Caballero Álvarez
A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,Dª. Mª Jesús Lago Rey.