Escoitar

O Concello garante a continuidade do Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo e promocionará o calendario de carreiras cunha achega de 14.000 euros

Este sábado, as pistas municipais de Balaídos volverán recibir o Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo, histórica proba do calendario nacional da RFEA, que entra na súa edición 33 e que se celebra por oitavo verán consecutivo despois do parón sucedido entre 1991 e 2005, derradeiro ano do século pasado que se disputou e primeiro deste que se recuperou.

mércores, 11 xul 2012
1342009606atletismo.jpg
Con 2.600 euros en premios para as trece probas establecidas no programa (nove masculinas e catro femininas), máis os 1.000 metros para infantís e cadetes dando claro protagonismo ao deporte de base, o Gran Premio, que se iniciará ás 19:00 horas, reúne a un amplo abanico de atletas galegos de referencia: dende o santiagués Pedro Nimo, inscrito nos 5.000 metros en Balaídos e que foi nomeado no equipo reserva de Maratón para os Xogos Olímpicos de Londres, ao decatleta céltico David Gómez, que quedou a 78 puntos da capital británica, pasando por Jean Marie Okutu (triplo salto e lonxitude), da Ximnástica de Pontevedra, o ramallete de participantes é notable.

"É unha aposta decidida do Concello para que siga a ser unha referencia no mundo do atletismo", afirmou o concelleiro de Deportes, que mantivo un encontro con Jesús Martínez, presidente da delegación viguesa, e representantes da Federación Galega e dos clubs vigueses para promocionar o evento.

O concelleiro anunciou o acordo polo que esta tempada a delegación viguesa percibirá 14.000 euros para a promoción de carreiras federadas e populares, entre as que se inclúe este gran premio, orzamentado nuns 6.000 euros, segundo explicouse dende a delegación.

O Gran Premio, que comezou nas pistas de cinza de Balaídos en outubro de 1958, reunirá a atletas de renome no panorama nacional, casos de Isaac Vicente e Pablo Denís, campión e subcampión de España de martelo; Virginia Villar (Puerto Alicante), subcampioa de España promesa de 100 valos; ou Javier García do Olmo, internacional no Europeo de cros e inscrito no 5.000.

"A competición está garantida co patrocinio do Concello", asegurou o edil socialista, mentres dende a federación apuntábase que pensando nos Campionatos de España, o 25 e 26 de agosto en Pamplona, "virán atletas buscando a mínima".
Descargar todas as imaxes