Goberno local, socialistas e nacionalistas trasladaron o seu "apoio" aos traballadores de Correos
O alcalde mantivo unha reunión este martes cos representantes dos traballadores de Correos, xunto aos voceiros dos grupos municipais socialista e nacionalista. No encontro trasladouse o "apoio" das partes aos empregados deste servizo público e Abel Caballero reclamou á empresa que "busque unha saída" ao conflicto.
Abel Caballero asegurou que estamos ante "a folga máis prolongada que houbo nunca en Correos en España", o que "non parece razonable", polo que pediu á empresa que inicie as negociacións e busque "unha saída".
O alcalde apuntou que este conflicto vai en contra dos intereses da cidade de Vigo e particularmente das empresas, que tamén solicitaron diálogo á dirección e representantes dos traballadores.
Na reunión deste martes, alcalde e grupos municipais do PSOE e BNG trasladaron aos sindicatos a resolución adoptada onte que indica que "a actitude do Goberno Central, de non tomar iniciativas para desbloquear o conflicto, enmárcase dentro da política de recortes dos servizos públicos e privatización dos mesmos, sendo o responsable último do servizo esencial do correo".
Fontes do comité de Correos cifran en máis dun millón os envíos acumulados na sede do servizo postal, causando unha "incidencia moi importante", indica o texto, no tecido económico e afectando "profunda e negativamente ás transaccións comerciais habituais da cidade", particularmente as exportacións.
Descargar todas as imaxes