Caballero avoga por manter o Vigo-Londres "o máximo posible" tras gañar a conectividade con British Airways
O alcalde de Vigo saudou este martes o acordo de conectividade acadado entre British Airways e Vueling, operadora da ruta Vigo-Londres, que permitirá voar a calquera punto do mundo cunha única facturación en Peinador. Caballero valorou esta nova, pois súmase á de Iberia en Madrid e á de Air France en París.
Unha vez gañada a conectividade directa en Londres cunha única facturación a través do voo Vigo-Heathrow, subvencionado polo Concello, o alcalde defendeu manter a conexión aérea de Peinador coa capital británica "o máximo tempo posible", pois forma parte dos obxectivos municipais as conexións directas en Madrid, Paris e Londres.
Trátase dun acordo "importantísimo" para Vigo, en verbas de Caballero, que posibilita ter a "conectividade garantida" con todas as rutas que opera a compañía británica nos cinco continentes cunha única facturación en Peinador, o que xa acontece con Air France no parisino Charles de Gaulle e con Iberia en Madrid-Barajas.
Descargar todas as imaxes